miércoles, 18 de marzo de 2015

Colabora con nuestro Día Mundial del síndrome de Down‏

Prezados/as amigos/as,

Desde Down Galicia informamos que este ano, con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, realizamos unha campaña de promoción en colaboración co xornal La Voz de Galicia. Trátase da Bolsa Down Galiciabaixo o lema "en el puzzle de la vida encajamos todos", en alusión á inclusión social das persoas coa síndrome de Down, no sentido de que permite que todas as persoas que o desexedes, poidades contribuír de forma directa aos programas de autonomía persoal que desenvolven as entidades Down en Galicia.

Esta campaña pretende, nun día tan sinalado para nós, concienciar á sociedade sobre a necesidade de proporcionar contornas adecuadas onde as persoas coa síndrome de Down poidan demostrar a súa valía e medrar levando unha vida autónoma e formando parte da súa comunidade de forma visible e activa.

Xuntamos documento coas características da campaña, que consiste fundamentalmente na reserva da bolsa no voso quiosco entre o xoves 12 e o martes 17 de marzo, para que a poidades recoller xunto co xornal La Voz o sábado 21 de marzo.

Agradecemos, ademais da vosa colaboración, a difusión que poidades facer desta campaña.

Un saúdo cordial

Sonia Caldas Novás
Xerente Down Galicia

1 comentario: