martes, 26 de septiembre de 2017

IMPORTANTE LG E LC!! Pautas para facer o traballo do libro de lectura. DATA DE ENTREGA: 3 DE DECEMBRO

Pautas para facer o traballo do libro de lectura.

  1. Portada: Realización dun debuxo, colage, pintura, etc. onde se vexa claramente o título do libro e o seu autor, así como o voso nome.
  2. Información do libro:
a.     Título.
b.     Autor
c.     Número de páxinas.
d.     Ilustrador (se o ten). O ilustrador sería neste caso Quentin Blake, fixádevos que na mesma portada xa o pon, é o que fai los debuxos do libro.



e.     Colección e número (se o ten).
f.      Editorial e ano de edición.


            3. Información do libro:
a.  Personaxes: Relación de personaxes principais e secundarios do libro (non me fai falla todos).
b.   Palabras clave do libro: aquelas palabras que supoñedes que son as máis importantes.
c.     Esquema: Esquema curto coas ideas principais e secundarias do libro.
d.  Resumo do libro: indicando a que xénero literario pertence (narrativa, poesía e teatro) e por que.



     4. Valoración e opinión persoal: Expresa en varias liñas a túa opinión sobre o libro: se te gustou, por que, partes máis e menos interesantes, comparación con outras historias que liches ou películas que viches, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario